10 nov 2013

Noite do Terror

Este venres os rapaces de 1ºESO puideron gozar dunha das actividades máis agardadas dende que entran en Maristas: a noite do terror de MarCha. Esta é a 2ª actividade de proba, e a partir de agora entregaráselles a inscrición para que aqueles que queren continuar en MarCha poidan apuntarse.
A tarde comezou coa merenda, despois da cal fomos ao salón de actos para ver unha película, que foi meténdonos o medo no corpo. Pero non foi até despois, xa de noite e co colexio completamente ás escuras, cando chegou o verdadeiro terror. Cun plano do cole os rapaces tiveron que moverse en grupo para ir superando multitude de retos que puxeron a proba o seu valor.
Agardamos que todos se atrevan a apuntarse a MarCha para actividades futuras!!

28 oct 2013

Misterio no Caribe

O venres 25 de outubro os rapaces de MarCha Amencer trasladáronse ao Caribe da época dos corsarios para resolver un intrigante misterio: a desaparición do coñecido pirata Jack Sparrow.
 Esta foi a primeira actividade de coñecemento para o grupo de 1ºESO, e supuxo tamén retomar o contacto con MarCha para os de 2ºESO. Estamos seguros de que despois desta virán moitas máis, xa que desfrutamos todos moitísimo!!

20 oct 2013

Gran xogo en MarCha

O pasado venres todo o colexio se converteu nun enorme taboleiro para que os marchosos de 3º ESO desfrutasen dunha tarde de xogo. Grazas ás multiples probas distribuídas por todo o recinto non deixamos de correr e rir toda a tarde! Agora xa toca apuntarse para seguir a gozar todo o ano de moitas actividades coma esta!

11 oct 2013

Presentacións de MarCha en 1ºESO

Hoxe á mañá presentouse MarCha en 1ºESO. Dúas animadoras pasaron por cada unha das clases do curso e explicaron que é MarCha e cal é a súa experiencia dende que se apuntaron por primeira vez hai anos. Despois baixaron ao Salón de Actos para ver unha proxección sobre as actividades do curso pasado e visitaron a Sala MarCha. Por último puideron vivir unha pequena mostra dalgúns dos xogos nos que poderán participar se se apuntan a MarCha.
Agora se iniciarán as actividades! A primeira delas unha convivencia en Miño o venres 25 e sábado 26. Agardamos que aquí dea comezo un longo camiño para moitos rapaces en MarCha!!


E velaquí o vídeo coas actividades do curso pasado!

2 oct 2013

Convivencia de Aventura en Santiago de Compostela


Para arrincar este curso 2013-2014 en MarCha puidemos gozar dunha estupenda convivencia da etapa de Aventura a pasada fin de semana. Un pequeno grupo de 3º e 4ºESO, acompañados de varios monitores, compartimos un día en Santiago de Compostela.

Viaxamos o venres en tren e aloxámonos no albergue do Colexio Maior Xelmírez, onde desfrutamos de numerosos xogos e, sobre todo, da compaña do resto de "marchosos". A mañá seguinte estivo pasada por auga, facendo honra á merecida fama da cidade compostelana, o cal non impediu que aproveitásemos o día ao máximo e continuásemos gozando da convivencia. Finalmente voltamos, de novo en tren, a tarde do sábado. 

A sensación de todo o grupo foi moi boa, e todos volvimos con ganas de aproveitar ao máximo o ano e facer unha morea de cousas xuntos!